Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2017 Páx. 3969

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO do acordo sobre a sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no procedemento ordinario 4800/2012, pola que se anulan os artigos 3.2.h.2 e 3.2.h.3 da normativa do Plan xeral de ordenación municipal (expediente de planeamento urbanístico 2011003844).

Anúnciase que a Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do 20 de outubro de 2016, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

12. A Xunta de Goberno Local, de conformidade coa proposta, por unanimidade dos asistentes (nove votos a favor), acordou:

Darse por informada de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditou sentenza no procedemento ordinario 4800/2012, que é do seguinte teor: «Estimamos parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto pola Cooperativa Estudios San Martín, S.C.G. contra a disposición indicada no primeiro fundamento desta sentenza, que anulamos canto aos artigos 3.2.h.2 e 3.21.h.3 do PXOM de 1986 que exixe un edificio exclusivo para a instalación dun centro de ensino regulado con máis de 50 prazas escolares. Non se fai imposición das custas do recurso.

Contra esta sentenza cabe interpor, ben ante o Tribunal Supremo, ben ante a correspondente sección desta sala, o recurso de casación previsto no artigo 86 da Lei xurisdicional, que deberá prepararse mediante escrito que se presentará nesta sala no prazo de trinta días e cumprindo os requisitos indicados no artigo 89.2 da dita lei. Á vista do informe da letrada municipal, acórdase non recorrer».

O que se fai público para os efectos oportunos.

Ourense, 12 de decembro de 2016

Jesús Vázquez Abad
Alcalde presidente