Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2017 Páx. 3968

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da convocatoria de nove prazas de policía local C.E. 7/15 (cinco prazas por oposición libre e catro por concurso para mobilidade).

Nos boletíns oficiais da provincia da Coruña núm. 201, con data do 24.10.2016, núm. 225, con data do 28.11.2016, e núm. 12, con data do 18.1.2017, publicáronse as bases aprobadas por Resolución da concelleira delegada de Facenda e Administración, por delegación da Xunta de Goberno Local, con data do 27.9.de 2016 e modificadas con datas do 17.11.2016 e 21.12.2016, relativas á seguinte convocatoria:

– 9 prazas de policía local C.E. 7/15 (5 prazas por oposición libre e 4 por concurso para mobilidade). Funcionarios de carreira.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 18 de xaneiro de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2015)
Eugenia Vieito Blanco
Concelleira delegada de Facenda e Administración