Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2017 Páx. 3908

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1207/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento ordinario 1207/2013 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María Teresa Viño Vaamonde contra as empresas Plantel Servicios y Obras, S.L., e Sertran Noroeste, S.L., ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Que estimo integramente a demanda interposta por María Teresa Viño Vaamonde, asistida pola letrada Verde Crespo, contra a mercantil Plantel Servicios y Obras, S.L., e Sertran Noroeste, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), en consecuencia, condeno ás entidades demandadas a que aboen solidariamente á demandante a cantidade de 2.539,01 euros, máis o 10 % da devandita cantidade por demora no pagamento desta. Sen imposición de costas.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndoos saber que contra esta non cabe recurso de suplicación ante o TSX de Galicia».

E para que sirva de notificación en legal forma a Plantel Servicios y Obras, S.L. e Sertran Noroeste, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza