Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2017 Páx. 3909

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (26/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 26/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Mantiñán Suárez contra Santín y Otero, S.C., Forjas de Santiago, Rosa María Santín Gómez, Susana Seoane Otero e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa sentenza expresa:

«Que estimo integramente a demanda interposta por Manuel Mantiñán Suárez, asistido pola letrada Sra. Seoane Otero, contra as entidades demandadas Santín y Otero, S.C., Forjas de Santiago, S.L. e os socios Rosa María Santín Gómez, Susana Seoane Otero e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e, en consecuencia, condeno as entidades demandadas a que lle aboen solidariamente á parte demandante a cantidade de 4.155,74 euros máis o 10 % da dita cantidade por demora no seu pagamento. A responsabilidade dos socios da sociedade civil para o caso de que a empresa Santín y Otero, S.C. for insolvente é subsidiaria con respecto á sociedade civil e mancomunada entre elas.

Debo absolver e absolvo o Fondo de Garantía Salarial dos pedimentos da parte demandante.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así o acordo, mando e asino.

Dou fe».

Para que sirva de notificación en legal forma a Forjas de Santiago, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza