Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2017 Páx. 3907

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 155/16).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 207/2016 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de José Manuel Surribas Fernández contra a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.L. sobre ordinario, se ditou a resolución en que se acorda:

Despachar orde xeral de execución da sentenza ditada con data do 28.10.2016 no procedemento ordinario seguido ante este xulgado co número de autos 155/16, a favor da parte executante, José Manuel Surribas Fernández, fronte á Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.L., parte executada, por importe de 3.990,35 euros de principal (corresponden 3.685,42 euros ao principal e 304,93 euros ao xuro de demora procesual do 10 %) e de 399 euros, que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan percibir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

E para que lle sirva de notificación en legal forma á Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 28 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza