Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2017 Páx. 3906

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (23/2014).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 23/2014 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Alumcor Galicia, S.L. contra Soluciones Globales de Restauración y Rehabilitación, S.L., Francisco López López, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Dirección Provincial da Coruña, se ditou Resolución de data 27.12.2016 contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días. No devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Soluciones Globales de Restauración y Rehabilitación, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de decembro de 2016

O letrado da Administración de xustiza