Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2017 Páx. 3905

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (921/2014).

No procedemento de referencia ditouse sentenza cuxo fallo é do teor literal seguinte:

«Sentenza número 140.

Vigo, 14 de marzo de 2016.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primera Instancia número 5 de Vigo e o seu partido viu os autos seguidos neste xulgado baixo número 921/2014 sobre disolución do matrimonio pot: divorcio, actuando como demandante María Dolores Román Bascoy, representada polo procurador dos tribunais Rafael Fernández Fernández e con asistencia letrada de María Pilar Díez López, contra Mikel Ugando Peñate, declarado en situación de rebeldía procesual, sobre a base dos seguintes:

Seguen antecedentes de feito e fundamento de dereito.

Decido:

Na demanda interposta polo procurador dos tribunais Sr. Fernández Fernández, en nome e representación de María Dolores Román Bascoy, contra Mikel Ugando Peñate, declarado en situación de rebeldía, estimo esta e declaro disolto, por divorcio, o matrimonio formado polos referidos cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes á devandita declaración.

Non se fai unha especial imposición en canto ás custas.

Firme que sexa esta resolución, comuníquese ao Rexistro Civil onde consta a inscrición do matrimonio, co fin de que se proceda á súa anotación marxinal, deixándose constancia de tal circunstancia nos autos.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Mikel Ugando Peñate, esténdese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Vigo, 19 de decembro de 2016

O/a letrado da Administración de xustiza