Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2017 Páx. 3903

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1866/2016).

Tipo e número de recurso: RSU. Recurso de suplicación 1866/2016-PM

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 308/2014. Xulgado do Social número 1 de Ferrol

Recorrente: Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales nº 61

Avogada: María de los Ángeles Gómez Lage

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Moldugasa, S.A., Ministerio Fiscal e Ángel Nieto Martínez

Avogada: María Consolación Fernández Dobarro

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1866/2016 desta sección, seguido por instancia de Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales nº 61 contra a empresa Moldugasa, S.A. e Ángel Nieto Martínez, sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que, estimando o recurso de suplicación interposto pola demandada Mutua Fremap, debemos revogar e revogamos a sentenza ditada nestes autos polo Xulgado do Social número 1 de Ferrol e, con desestimación da demanda interposta polo demandante, Ángel Nieto Martínez, debemos absolver e absolvemos libremente desta a mutua recorrente e os tamén demandados Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa Moldugasa, S.A.

Déaselles aos depósitos constituídos o destino legal.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de 4 díxitos correspondentes ao número do recurso e 2 díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de 20 díxitos
0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou Concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo da devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Moldugasa, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza