Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2017 Páx. 3948

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 15 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ortigueira (expediente IN407A 2016/2998-1).

Expediente: IN407A 2016/2998-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT subestación de Mera.

Concello: Ortigueira.

Características técnicas:

Recuamentos definitivos.

Tramo de liña de media tensión subterránea (actuación nº 9), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,049 km, condutor tipo RHZ1-20L(S) 12/20 kV 1×240 mm2 AI (recuperado do recuamento provisional (actuación nº 1) con orixe en cela de liña existente en subestación definitiva (expediente IN47A 2016/1065-1) e final en empalmes proxectados en LMTS MEA-805, no tramo entre subestación de Mera e a derivada ao CT Nogueirido (expediente 22.086).

Tramo de liña de media tensión subterránea (actuación nº 10), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,049 km, condutor tipo RHZ1-20L(S) 12/20 kV 1×240 mm2 AI con orixe en cela de liña existente en subestación definitiva (expediente IN47A 2016/1065-1) e final en empalmes proxectados en LMTA MEA-814, no tramo entre subestación de Mera e a derivada ao CT Mera de Arriba (expediente 5.365).

Tramo de liña de media tensión subterránea (actuación nº 11), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,049 km, condutor tipo RHZ1-20L(S) 12/20 kV 1×240 mm2 AI con orixe en cela de liña existente en subestación definitiva (expediente IN47A 2016/1065-1) e final en empalmes proxectados en LMTS MEA-815, no tramo entre subestación de Mera e o CT Mera Feira (expediente 30.269).

Tramo de liña de media tensión subterránea (actuación nº 12), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,052 km, condutor tipo RHZ1-20L(S) 12/20 kV 1×240 mm2 AI con orixe en cela de liña existente en subestación definitiva (expediente IN47A 2016/1065-1) e final en paso aéreo-subterráneo que se realizará en apoio existente na subestación de Mera (acoplamento capacitivo LMT MEA-805).

Tramo de liña de media tensión subterránea (actuación nº 13), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,094 km, condutor tipo RHZ1-20L(S) 12/20 kV 1×240 mm2 AI con orixe en cela de liña existente en subestación definitiva (expediente IN47A 2016/1065-1) e final en paso aéreo-subterráneo que se realizará en pórtico existente na subestación de Mera (LMT MEA-816).

Tramo de liña de media tensión subterránea (actuación nº 14), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,094 km, condutor tipo RHZ1-20L(S) 12/20 kV 1×240 mm2 AI con orixe en cela de liña existente en subestación definitiva (expediente IN47A 2016/1065-1) e final en paso aéreo-subterráneo que se realizará en pórtico existente na subestación de Mera (LMT MEA-817).

Tramo de liña de media tensión subterránea (actuación nº 15), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,090 km, condutor tipo RHZ1-20L(S) 12/20 kV 1×240 mm2 AI con orixe en cela de liña existente en subestación definitiva (expediente IN47A 2016/1065-1) e final en paso aéreo-subterráneo que se realizará en pórtico existente na subestación de Mera (LMT MEA-826).

Tramo de liña de media tensión subterránea (actuación nº 16), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,090 km, condutor tipo RHZ1-20L(S) 12/20 kV 1×240 mm2 AI con orixe en cela de liña existente en subestación definitiva (expediente IN47A 2016/1065-1) e final en paso aéreo-subterráneo que se realizará en pórtico existente na subestación de Mera (LMT MEA-827).

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 15 de decembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña