Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2017 Páx. 3946

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello do Páramo (expediente IN407A 2016/92-2, 8401 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense.

Denominación: LMT, CT e RBT Reascos.

Situación: concello do Páramo.

Características técnicas:

1. LMT aérea a 20 kV con orixe nun apoio de formigón existente correspondente a LMT SAR813 e final no CTI proxectado Reascos, cunha lonxitude de 901 metros en condutor LA-56.

2. CTI proxectado Reascos en apoio de formigón proxectado, cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

3. RBT proxectada do CTI Reascos, con orixe no CTI Reascos e final nas conexións coa rede de baixa tensión existente de Reascos, cunha lonxitude de 208 metros en condutor tipo RZ.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 27 de decembro de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo