Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2017 Páx. 3951

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 28 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección dun predio por unha instalación eléctrica prevista nos termos municipais de Salvaterra de Miño e Ponteareas.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puideron practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a eficacia quedará supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e sendo descoñecido o propietario do predio que se sinala no anexo, a continuación publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados son informados de que o expediente correspondente á instalación eléctrica (expediente IN407A 2016/616-4) está á súa disposición durante un prazo de vinte (20) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra; rúa Fernández Ladreda, nº 43, 5ª planta (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Pontevedra, 28 de decembro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Enderezo

Referencia catastral

Concello

Coto

36050A050000980000PF

Salvaterra de Miño