Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2017 Páx. 3914

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1029/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 102/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Álvaro Folgueira Expósito contra Acega Formación Continua, S.L., ditouse a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2016.

Vistos por Sonia María Cartamil Obelleiro, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 1019/2014 seguidos por instancia de Álvaro Folgueira Expósito, asistido do letrado José Manuel Trasande Silva contra a entidade Lasurgal, S.L., en rebeldía procesual e contra o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), asistida pola letrada Enma Pérez Diez del Corral, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Decido:

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta por Álvaro Folgueira Expósito, asistido do letrado José Manuel Trasande Silva contra a entidade Acega Formación Continua, S.L., en rebeldía procesual, e contra o Fondo de Garantía Salarial, asistida pola letrada Enma Pérez Díez de Corral e, en consecuencia, debo condenar e condeno á entidade Acega Formación Continua, S.L., a que aboe a Álvaro Folgueira Expósito a suma de 12.462,91 euros, suma que se incrementará nos xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores e coa responsabilidade subsidiaria do Fogasa, respecto unicamente da suma de 2.402 euros, ao estar o resto das cantidades reclamadas prescritas para o devandito organismo.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco (5) días a contar da notificación desta sentenza, do que coñecerá no seu caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pasados os cales quedará firme e se procederá ao seu arquivo e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar resgardo acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na “conta de depósitos e consignacións” que este xulgado ten aberta no Banco Santander, S.A., desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer na conta

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Acega Formación Continua, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza