Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2017 Páx. 3916

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (457/2014).

NIG: 15078 44 4 2013 0002936

SSS Seguridade Social 457/2014

Procedemento orixe:/

Sobre Seguridade Social

Demandante: Dolores Carnota Beade

Avogada: Cristina Goldar Soto

Demandados: Instituto Nacional da Seguridade Social, MC Mutual, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social, María de los Ángeles Pérez Casais

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 457/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Dolores Carnota Beade contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, María de los Ángeles Pérez Casais e outros, ditouse a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2016

Vistos por Sandra María Iglesias Barral, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 457/2014, seguidos por instancia de Dolores Carnota Beade, asistida pola letrada Sra. Goldar Soto, contra o Instituto Social da Seguridade Social, representada e asistida pola letrada Sra. Suárez Berea, contra MC Mutual, representada e asistida pola letrada Sra. Fernández Chao González Dopeso e contra María Ángeles Pérez Casais, que non comparece, sobre determinación de continxencia, dos que resultan os seguintes

(…)

Decido:

Que debo desestimar a demanda presentada por instancia de Dolores Carnota Beade contra o INSS; MC Mutual e María Ángeles Pérez Casais e, en consecuencia, absolvo as demandas de todos os pedimentos efectuados na súa contra.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Modo de impugnación. Advírtese as partes de que contra a presente resolución poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente o recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou os seus habentes causa, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola devandita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a María de los Ángeles Pérez Casais, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza