Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2017 Páx. 3912

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 437/2016).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 437/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Flora Gómez Outeiral contra Frutas Rías Baixas, S.L., Tomate Más Fruta, S.L., o Fogasa e Natalia Torrado Viturro, ditouse a seguinte resolución:

Sentenza:

En Santiago de Compostela o 28 de novembro de 2016.

Vistos por Sonia María Cartamil Obelleiro, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de reforzo de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 437/2016, seguidos por instancia de María Flora Gómez Outeiral, asistida polo letrado Manuel López Núñez contra a entidade Tomate Más Fruta, S.L., representada pola súa administradora única Natalia Torrado Viturro; Natalia Torrado Viturro, asistida da letrada Elena Teixeira Barcala; o Fondo de Garantía Salarial, asistido do letrado Alejandro Crespín Rodríguez, e Frutas Rías Baixas, S.L., en rebeldía procesual, e o Ministerio Fiscal, versando a litis sobre despedimento.

(…)

Decido que debo desestimar e desestimo a demanda formulada por María Flora Gómez Outeiral, asistida polo letrado Manuel López Núñez contra as entidades Frutas Rías Baixas, S.L., en rebeldía procesual; Natalia Torrado Vicente e a entidade Tomate Más Fruta, S.L., ambas as dúas asistidas da letrada Elena Teixeira Barcala, e contra o Fondo de Garantía Salarial, asistido do letrado Alejandro Crespín Rodríguez, con intervención do Ministerio Fiscal, e, en consecuencia, debo declarar e declaro a procedencia do despedimento disciplinario efectuado á demandante, e absolvo as entidades demandadas das pretensións exercidas contra elas.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que debe anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a notificación desta sentenza, do que coñecerá, se é o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pasados os cales quedará firme e se procederá ao seu arquivamento.

E igualmente deberá, no momento de interpoñer o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Frutas Rías Baixas, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza