Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2017 Páx. 2722

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (712/2013).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 712/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Agustín Iglesias Otero contra Segaprel, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por instancia de Agustín Iglesias Otero contra a entidade Segaprel, S.L. e contra Fogasa, que non comparecen malia estaren debidamente citados, sobre reclamación de cantidade e, en consecuencia, debo condenar a empresa a aboarlle ao demandante a cantidade de 1.094,78 euros (correspondentes a 27 días de salario do mes de xuño) co xuro establecido no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET), e a cantidade de 2.687,83 euros (correspondente á indemnización por despedimento obxectivo, artigo 52c do ET), incrementada co xuro por mora previsto no artigo 1.108 do Código civil, desde a data do despedimento á data desta resolución, ademais dos xuros do artigo 576 da Lei de axuizamento civil a partir da presente resolución e custas na cantidade de 200 euros.

Todo isto sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa nos termos do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes esta resolución.

Modo de impugnación. Advírteselles ás partes que contra esta resolución poderán interpor recurso de suplicación, perante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou que non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto ao nome desta oficina xudicial co número 1596, clave 65, e indicar no campo concepto, “recurso” seguido do código “34 Social suplicación”, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola dita cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Segaprel, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza