Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2017 Páx. 2724

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (752/2013).

PO. Procedemento ordinario 752/2013

Demandante: María Eugenia Lozano Luengo

Procurador: Benjamín Victorino Regueiro Muñoz

Demandados: Servicio de Ingeniería y Montaje Alen, S.L., Fogasa

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 752/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Eugenia Lozano Luengo contra Servicio de Ingeniería y Montaje Alen, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por instancia de María Eugenia Lozano Luengo, asistida pola letrada Sra. Álvarez Santos, contra a entidade Servicio de Ingeniería y Montaje Alen, S.L., que non comparece malia estar debidamente citada, sobre reclamación de cantidade, e debo condenar a demandada ao aboamento á demandante da cantidade de 7.585,96 euros en concepto de indemnización por despedimento obxectivo máis os xuros do artigo 1.108 do Código civil, calculados sobre a dita cantidade desde a data deste ata a data da presente resolución, e a suma de 5.929,73 euros en concepto de salarios máis os xuros previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET) sobre a dita cantidade, ademais dos xuros do artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC) a partir da presente resolución.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes esta resolución.

Modo de impugnación. Advírteselles ás partes que contra esta resolución poderán interpor recurso de suplicación, perante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou que non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto ao nome desta oficina xudicial co número 1596, clave 65, e indicar no campo concepto, “Recurso” seguido do código “34 Social suplicación”, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola dita cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Servicio de Ingeniería y Montaje Alen, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza