Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2017 Páx. 2720

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1147/2013).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1147/2013 deste xulgado do social, seguidos a instancia de Eva B. Fernández Vázquez contra a empresa Ponte Paz, S.L., Fogasa Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Fallo:

Que estimando integramente a demanda interposta por Eva Beatriz Fernández Vázquez, contra Ponte Paz, S.L., debo condenar e condeno á mercantil demandada a aboarlle á demandante a suma de 7.956,04 euros polos conceptos analizados no feito probado sexto desta sentenza, máis os intereses por mora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da devandita cantidade desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LEC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa non ten lugar á súa condena nesta instancia debendo estarse ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación desta resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndoos saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días a contar desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mando e asino.

Publicación. Dada, lida e publicada foi a anterior sentenza por esta xuíza que a subscribe estando a celebrar audiencia pública, en Santiago de Compostela a 23 de decembro de 2016. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ponte Paz, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e fixación no taboleiro de anuncios do xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2016

A letrada da Administracion de xustiza