Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2017 Páx. 2714

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra

EDICTO (521/2015).

Eu, Gema Antolín Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, polo presente edicto

Anuncio:

Neste procedemento DCT 521/2015, seguido por instancia de Erika Figueiras Sande contra Manuel Ángel Pastoriza Blanco, ditouse sentenza cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Resolvo:

Estimando como estimo a demanda presentada polo procurador Sr. Fernández García, en nome e representación de Erika Figueiras Sande, contra Manuel Ángel Pastoriza Blanco, debo decretar e decreto a disolución por divorcio do matrimonio formado por ambos os litigantes, contraído en Marín o día 19 de agosto de 2011, con todos os efectos legais inherentes á dita declaración.

Non se fai expresa imposición en custas.

Unha vez que sexa firme o pronunciamento referido ao divorcio, comuníquese de oficio ao Rexistro Civil onde conste a inscrición do matrimonio dos litigantes co fin de que se proceda á súa anotación marxinal na folla de inscrición do matrimonio.

Esta sentenza é susceptible de recurso de apelación perante este xulgado para a Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, que se deberá preparar no prazo de cinco días contado a partir do seguinte ao da súa notificación.

Así, por esta sentenza, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Ao encontrarse o dito demandado, Manuel Ángel Pastoriza Blanco, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 5 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza