Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2017 Páx. 2715

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de notificación de auto de aclaración de sentenza (6/2016).

Procedemento orixe: /

Sobre ordinario

Demandantes: José Alberto Monteagudo García, Agustín Garzón Ramírez, José Silva Domínguez, Juan Rodríguez González, José Ángel Vázquez Davila, Enrique Franco Souto

Demandados: La Reigosa, Fogasa

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento 6/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Alberto Monteagudo García e outros contra a empresa La Reigosa, S.L., Fogasa, foi ditado auto de aclaración cuxa parte dispositiva é a que segue:

«Dispoño:

1. Estimar a solicitude de rectificar o erro material padecido na sentenza ditada neste procedemento con data do 16.6.2016 no senso que se indica a seguir:

Na parte dispositiva da sentenza

Onde di:

“ (...) condeno a demandada a aboar aos demandantes a cantidade de 38.153,76 euros máis o 10 % en concepto de xuros por mora. (…)”.

Debe dicir:

“ (...) condeno a demandada a aboar aos demandantes a cantidade de 39.153,76 euros máis o 10 % en concepto de xuros por mora. (…)”.

Lévese testemuño desta resolución á execución núm. 185/16.

2. Incorporar esta resolución ao libro que corresponda e levar testemuño aos autos principais.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra este auto non cabe interpor recurso, sen prexuízo dos recursos que se poidan interpor contra a resolución aclarada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a La Reigosa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no taboleiro de anuncios do xulgado e no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 20 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza