Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2017 Páx. 1783

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Mondoñedo

EDICTO (PO 140/2015).

Procedemento ordinario 140/2015

Sobre outras materias

Demandantes: María Luz Trevín Reimonde, María Amparo Trevín Reimonde, Azucena Trevín Reimonde, Ángeles Trinidade Trevín Reimonde, Mercedes Trevín Reimonde, María Soledad Trevín Reimonde

Procuradora: María José Tella Costa

Demandados: Carmen Reimonde Celeiro, María Josefa Reimonde Celeiro, Marcela Reimonde Celeiro, Herdeiros de Jaime Reimonde Sánchez, Mónica Reimonde García, Juan Carlos Reimonde García

No procedemento de referencia ditouse a sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza número 111.

Mondoñedo, 28 de novembro de 2016.

Vistos por Ana Mª Bande Ramudo, titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Mondoñedo, os presentes autos do xuízo ordinario sobre acción de división da cousa común, seguidos ante este xulgado baixo o número 140 do ano 2015, por instancia de María Luz Trevín Reimonde, María Amparo Trevín Reimonde, Azucena Trevín Reimonde, Ángeles Trinidad Trevín Reimonde, Mercedes Trevín Reimonde e María Soledad Trevín Reimonde, representadas pola procuradora Tella Costa e asistidas pola letrada Martínez Irimia, contra Carmen Reimonde Celeiro, María Josefa Reimonde Celeiro, Marcela Reimonde Celeiro e Herdeiros de Jaime Reimonde Sánchez, Mónica Reimonde García e Juan Carlos Reimonde García, declarados en situación de rebeldía procesual.

Resolución:

Estimo totalmente a demanda interposta por María Luz Trevín Reimonde, María Amparo Trevín Reimonde, Azucena Trevín Reimonde, Ángeles Trinidad Trevín Reimonde, Mercedes Trevín Reimonde e María Soledad Trevín Reimonde contra Carmen Reimonde Celeiro, María Josefa Reimonde Celeiro, Marcela Reimonde Celeiro e Herdeiros de Jaime Reimonde Sánchez, Mónica Reimonde García e Juan Carlos Reimonde García, declaro a extinción do condominio formado entre demandantes e demandados respecto dos predios 3-112, 1-159, 1-141, 2-94, 2-90 do plano de concentración parceira da zona de Vilaouruz, A Pontenova, e procédese en execución de sentenza a realizar as adxudicacións concretas.

Todo iso con imposición das custas á parte demandada.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación que, se é o caso, deberá interpoñerse ante este mesmo xulgado, dentro dos vinte días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución. Para a súa interposición será necesario previamente constituír un depósito de 50 euros na conta de consignacións deste xulgado, e a súa admisión condiciónase a esta consignación.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

Por esta a miña sentenza, da cal se expedirá testemuño para incorporalo ás actuacións, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de todos os demandados, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Mondoñedo, 12 de decembro de 2016

O/a letrado/a da Administración de xustiza