Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2017 Páx. 1785

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de notificación de resolución (ETX 111/2016).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 111/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Nicolás Miranda Piñeiro contra José Antonio Díaz Gil sobre despedimento, foi ditada a resolución en que se acorda:

«Despachar orde xeral de execución de sentenza do 26.8.2015, ditada no procedemento de despedimento 298/2015 a favor da parte executante, Nicolás Miranda Piñeiro, contra José Antonio Díaz Gil, parte executada, polo importe de 6.879,79 euros en concepto de principal, máis outros 687,98 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se for o caso, se poidan producir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación».

E para que sirva de notificación en legal forma a José Antonio Díaz Gil, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 21 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza