Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2017 Páx. 474

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 22 de decembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, polo que se notifican as resolucións dos recursos ditadas en expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos (expediente RA/M/2015/00466 e tres máis).

O secretario xeral técnico ditou as resolucións dos recursos presentados nos expedientes sancionadores número RA/M/2015/00466 e tres máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no enderezo que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmase de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, situada no Edificio Administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela (A Coruña).

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de non ter aboado o importe da sanción, deberán pagar o seu importe dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria, empregando o modelo impreso que se facilitará nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobro pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2016

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Expediente

Número recurso

Matrícula

Recurrente

Infracción cometida

Datos da denuncia: data; hora; estrada; p.q.

Precepto infringido

Sanción imposta

Resolución

do recurso

OU-01473-O-2013

RA/M/2015/00466

57-LD-81

Brita Grilos, L.D.A.

(Caucionista: Liserteco

España, S.L.)

A manipulación do tacógrafo ou dalgún dos seus elementos, así como doutros instrumentos ou medios de control que exista a obrigación de levar instalado no vehículo co obxecto de alterar o seu funcionamento ou modificar as medicións.

3.10.2013; 10.28; N-541; 35,00

Art. 140.10 LOTT

4.001 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

LU-00685-O-2014

RA/M/2015/00895

LE7495AG

Joaquín Alonso Fernández

Realizar transporte público ao amparo dunha autorización caducada revocada ou que por calquera outra causa tivera perdido a súa validez.

11.2.2014;19.30; A-6; 479

Art. 140.1 LOTT

4.001 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

DX-00112-I-2009

RA/M/2015/00562

Obstrución

Mintra, S.L.

A negativa ou obstrución da actuación dos servizos que imposibiliten total ou parcialmente o exercicio das funcións que legal ou regulamentariamente teñan atribuídas.

14.7.2009; 13.47

Art. 140.6 LOTT

4.601 €

Inadmitir, confirmando a sanción imposta

LU-01067-O-2014

RA/M/2015/00875

1753-CSL

Luque y Vela, S.L.

A carencia, a bordo do vehículo, das follas do rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos impresos que resulte obrigado levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se está utilizando.

2.4.2014; 18.30; A-6; 474

Art. 140.35 LOTT

1.001 €

Inadmitir, confirmando a sanción imposta