Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2017 Páx. 476

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Redondela (expediente IN407A 2016/510-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Concello de Redondela.

Domicilio social: rúa Alfonso XII, 2, 36800 Redondela.

Denominación: LMTS, CT Camiño Baixada á Estación y do Cairo.

Situación: Redondela.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor RHZ de 10 metros de lonxitude, con orixe e final na LMTS existente RED711 unha vez entre e saia do centro de transformación proxectado. Centro de transformación de 250 kVA, RT 15 kV/400 230 V, situado en Camiño Baixada á Estación y do Cairo, Cedeira, Redondela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 24 de agosto de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra