Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2017 Páx. 334

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle na rúa Valdecorvos s/n, en execución do convenio urbanístico con Julio Araújo Loureiro para reaxuste de aliñacións e reurbanización de espazo público con rehabilitación de lavadoiro en San Amaro, Mourente.

A Xunta de Goberno Local, en sesión do 7 de novembro de 2016, logo de sometemento do asunto a coñecemento da Cotuma, por unanimidade, acordou:

(...) Primeiro. Prestar aprobación, con carácter inicial, ao estudo de detalle formulado, mediante iniciativa particular, por Julio Araújo Loureiro (r/p Ignacio Diz Gómez), instrumento urbanístico redactado polo arquitecto Francisco Javier Diz Gómez, con entrada no Rexistro do Concello o 14.6.2016, baixo o número 2016021857, para o reaxuste de aliñacións na rúa Valdecorvos s/n, na zona do lavadoiro público de San Amaro, Mourente, en desenvolvemento do convenio urbanístico asinado o 19.10.2016 entre o Concello de Pontevedra e Julio Araújo Loureiro para reaxuste de aliñacións e reurbanización de espazo público con rehabilitación de lavadoiro de San Amaro, Mourente.

Segundo. Someter á información pública o amentado estudo de detalle, xunto co texto inicial do convenio asinado e pendente de perfeccionar, durante un prazo dun (1) mes, mediante anuncio que se publicará no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de edictos do Concello, na sede electrónica do Concello www.sede.pontevedra.gal, nun dos xornais de maior difusión da provincia e no Diario Oficial de Galicia, para efectos de que durante o dito período poida examinarse o expediente e formular as alegacións e suxestións que se consideren oportunas. O remate do amentado prazo de alegacións computará desde a data de publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e a documentación exposta dilixenciaraa a Secretaría da Administración municipal, con notificación individual aos propietarios dos terreos afectados e lindeiros co espazo público e os predios obxecto do convenio; notificación que se fará por medio de anuncios no Boletín Oficial del Estado, cando sexan descoñecidos, sexa ignorado o lugar de notificación ou, intentada esta, non se puidese efectuar.

Terceiro. Remitir o expediente completo, incluíndo o estudo de detalle e o convenio, ademais do proxecto de obra ordinaria e proposta de parcelamento, a informe da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ao acharse o ámbito na contorna dun ben catalogado cal é a capela de San Amaro, ao abeiro do disposto no artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, en relación coa Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. (...).

Durante o prazo de 1 mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar o expediente no Servizo Municipal de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico (rúa Churruchaos, núm. 2 baixo) e formular as alegacións e as xustificacións que considere procedentes.

Así mesmo, infórmase de que nestas datas xa se atopa publicado na sede electrónica do Concello de Pontevedra (www.pontevedra.gal; enlace exacto no día de hoxe: http://sede.pontevedra.gal/public/publications/list/municipalregulations/nortra) o contido íntegro do documento aprobado inicialmente pola Xunta de Goberno Local, en cumprimento do disposto no artigo 7 da Lei 19/2013, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.

Pontevedra, 1 de decembro de 2016

Miguel Anxo Fernández Lores
Alcalde