Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2017 Páx. 332

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mondoñedo

ANUNCIO de alleamento de parcelas de uso industrial mediante poxa.

Mª Elena Candia López, alcaldesa do Concello de Mondoñedo, no exercicio das competencias que lle atribúe o artigo 21.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, expón:

Con data do 25 de novembro de 2016, o Pleno da Corporación acordou aprobar o expediente de alleamento, en poxa pública, das seguintes parcelas:

Denominación

Ref. catastral

Núm. predio Rexistro da Propiedade

Valor taxación

Parcela S-1

3518103PJ3131N0001FH

24876

26.308,26 €

Parcela S-26

3518125PJ3131N0001BH

24901

30.591,00 €

Parcela S-27

3518126PJ3131N0001YH

24902

27.225,99 €

Parcela S-28

3518127PJ3131N0001GH

24903

28.922,40 €

As ditas parcelas, S-1, S-26, S-27 e S-28, están situadas dentro da ordenanza de solo industrial do parque empresarial de Mondoñedo e réxense polas seguintes condicións de edificación:

Tipoloxía:

Acaroada (entre medianeiras, agrupada e pareada) ou illada

Superficie mínima de parcela:

400 m2

Fronte mínima de parcela:

10 m

Altura máxima de edificación:

9 m

Altura máxima de planta:

A definida segundo o número 1.2

Altura mínima libre de planta:

3 m

Número de plantas:

2

Recuamentos mínimos a aliñacións:

Os establecidos no plano de aliñacións e implantación

Recuamentos mínimos a lindes:

Permítese edificar acaroado, no caso de que non se chegue coa edificación ao linde, o recuamento mínimo será de 3 m

Ocupación máxima de parcela:

A establecida polos propios recuamentos da parcela

Edificabilidade:

1 m2/m2

Condicións especiais do contrato de compravenda:

A compravenda está suxeita á condición resolutoria de que, no prazo máximo de tres anos desde a data de formalización da compravenda, o adxudicatario ou o seu causante desenvolva de xeito efectivo unha actividade económica sobre a parcela, logo do outorgamento de licenza urbanística ou comunicación previa. A dita actividade deberá manterse, polo menos, durante catro anos.

Presentación de ofertas:

Os licitadores só poderán presentar unha proposición no Rexistro Xeral do Concello, das 10.00 ás 14.00 horas, durante o prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da data da última publicación do anuncio da licitación no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia.

Requisitos para a presentación de ofertas:

As ofertas presentaranse en sobre pechado, nos termos e condicións establecidos no prego de condicións administrativas.

As ofertas deberán expresar o prezo ofertado sen IVE de cada unha das parcelas polas que poxe o oferente.

Criterios de adxudicación:

Establécese como único criterio de adxudicación o maior prezo ofertado.

Os pregos de licitación son os establecidos para cada parcela no recadro primeiro do presente anuncio.

Obtención de información:

Para obter información sobre o proceso ou obter copia dos pregos de condicións administrativas poderán dirixirse ao Concello de Mondoñedo, situado na praza do Concello número 1, 27740 Mondoñedo (Lugo). Teléfono: 982 52 40 03, correo electrónico: concellomondonedo@gmail.com

Mondoñedo, 12 de decembro de 2016

Mª Elena Candia López
Alcaldesa