Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2017 Páx. 336

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vila de Cruces

ANUNCIO de licitación do contrato de subministración de calefacción (gasóleo C) para diversos centros, así como para o parque de maquinaria de vehículos (gasóleo A).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Vila de Cruces.

b) Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local, por delegación da Alcaldía.

c) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Vías e Obras.

d) Número de expediente: 522/2016.

e) Enderezo: pr. Juan Carlos I, s/n, 36590 Vila de Cruces (Pontevedra).

f) Obtención de documentación e información:

– Teléfono: 986 58 20 17/95.

– Fax: 986 58 23 17.

– Correo electrónico: secretariageneral@viladecruces.es

– Enderezo do perfil do contratante: www.viladecruces.es

– Enderezo da sede electrónica: www.viladecruces.sedeelectronica.es

2. Obxecto do contrato e prazo de execución.

a) Tipo: administrativo de subministración.

b) Obxecto: subministración de combustible de calefacción (gasóleo C) para diversos centros, así como para o parque de maquinaria de vehículos (gasóleo A).

c) CPV: 09134000-7 – gasóleos; 09134100-8 – gasóleo.

d) Duración do contrato: dous (2) anos, prorrogables por dous (2) anos.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación avaliables de forma automática:

– Prezo.

4. Valor estimado do contrato e tipo de licitación. Financiamento.

O prezo do presente contrato fíxase en termos de prezo unitario (litro de gasóleo). Tendo en conta a natureza da subministración (tracto sucesivo), o prezo final do litro de gasóleo C e A virá definido, en cada momento, polos conceptos:

a) Prezo do produto en orixe (segundo o índice Platt´s European Marketscan).

b) Impostos xerais que lle sexan de legal aplicación.

c) Impostos especiais que lle sexan de legal aplicación.

d) Marxe de explotación e comercialización (8 % máximo).

e) IVE.

Tipo de licitación: marxe de explotación e comercialización/litro de gasóleo (máximo 8 %).

O volume total estimado de combustible que se vai subministrar cada ano será aproximadamente de 42.000 litros anuais de gasóleo A e 2.500 de litros anuais de gasóleo C, ben entendido que o Concello non se compromete á adquisición dunha cantidade mínima. O importe estimado para cada anualidade, tendo en conta o disposto no artigo 88.5 do TRLCSP, é o seguinte:

Ano 2017: 43.147,64 €.

Ano 2018: 43.147,64 €.

Prórroga ano 2019: 43.147,64 €.

Prórroga ano 2020: 43.147,64 €.

Considerando a duración total da subministración de catro anos (2 anos + 2 anos de posible prórroga) e as posibles modificacións previstas no presente prego (ata un 20 % do orzamento máximo de licitación, IVE incluído), o orzamento do contrato ascende á contía de 207.108,68 € (incluído o IVE). O prezo anterior queda analizado nun valor estimado de 171.164,20 € e o imposto sobre o valor engadido 35.944,48 €.

5. Revisión de prezos.

Non procede.

6. Garantías exixidas.

a) Garantía provisional: exento.

b) Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos mínimos de solvencia.

a) Económico-financeira: volume anual de negocios, ou ben, volume anual de negocios no ámbito a que se refira o contrato, por importe igual ou superior a 310.663,02 €.

b) Técnica: unha relación das principais subministracións realizadas nos últimos cinco anos (de características similares ao obxecto do contrato), que inclúa importe, datas e destinatario, público ou privado, entendendo por subministración análoga aquel que se prestase durante polo menos un ano e que teña por importe de adxudicación unha cifra igual ou superior ao 70 % do orzamento de licitación deste contrato, e que garde relación co mesmo obxecto.

A acreditación da capacidade/solvencia e demais documentación exixida detállase na cláusula 22ª do prego.

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo: quince (15) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio de licitación. Para o inicio do cómputo do prazo de presentación de ofertas terase en conta a data en que teña lugar a publicación do último anuncio de licitación que se publique nos seguintes diarios oficiais (DOG, BOP, perfil do contratante municipal).

b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello, sito na planta primeira da Casa do Concello, en horario de luns a vernres, das 8.00 ás 14.00 horas.

9. Documentación que se debe presentar.

A prevista na cláusula 18ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Apertura de ofertas.

No día, na hora e no lugar que se indicará mediante publicación no perfil do contratante municipal, coa antelación mínima de dous días hábiles.

11. Gastos do anuncio.

Por conta do adxudicatario (cláusula 31.e) dos pregos).

Vila de Cruces, 15 de decembro de 2016

Jesús Otero Varela
Alcalde