Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2017 Páx. 267

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 203/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 203/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Pilar Cereijo Neira contra a empresa Atlántica de Congresos, S.L., Gespalia, S.L., Ute Halcón Viajes, S.A.-Viajes Fisterra, S.L.-Monfobus, S.L., Fogasa, Monfobus, S.L., Halcón Viajes, S.A., Viajes Fisterra, S.L., Concurlex Abogados, S.L.P., Francisco Álvarez Serrano, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, que se xunta:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2016.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Con data 5.3.2014 presentouse demanda, interposta por María Pilar Cereijo Neira contra Atlántica de Congresos, S.L, Gespalia, S.L., UTE Halcón Viajes, S.A.-Viajes Fisterra, S.L.-Monfobus, S.L., Fogasa, Monfobus, S.L., Halcón Viajes, S.A., Viajes Fisterra, S.L., Concurlex Abogados, S.L.P., Francisco Álvarez Serrano, que foi repartida a este órgano xudicial, e respecto da cal se sinalara data para a celebración dos actos de conciliación e xuízo.

Segundo. As partes manifestaron ao xulgado a súa intención de chegar a un acordo para que sexa documentado en acto de conciliación xudicial, ao abeiro do disposto no artigo 84 da Lei reguladora da xurisdición social, e cos efectos contidos nel.

Terceiro. Nesta data compareceron as partes debidamente identificadas na acta de conciliación precedente e ante este órgano manifestáronse os termos do acordo de conciliación no sentido que quedou reflectido na propia acta precedente a esta resolución nos seguintes termos:

«Que as empresas demandadas UTE Halcón Viajes, S.A.-Viajes Fisterra, S.L.-Monfobus, S.L., Viajes Fisterra, S.L., Monfobus, S.L. recoñecen que lle deben á demandante a cantidade de 663,35 euros netos polos conceptos sinalados na demanda. Esta cantidade, de ser aceptada pola demandante, será aboada mediante transferencia bancaria á conta da traballadora número ES32 2080 0348 3630 0005 4143, no prazo dunha semana desde a data. A traballadora acepta a oferta e a forma de pagamento e, una vez cobrada a cantidade sinalada, non terá nada máis que reclamar».

Fundamentos de dereito.

Primeiro. O artigo 84.1, segundo parágrafo, dispón que a conciliación alcanzada ante o letrado da Administración de xustiza e os acordos logrados entre as partes aprobados por aquel terán, para todos os efectos legais, a consideración de conciliación xudicial.

No parágrafo primeiro do mesmo número engádese que, do mesmo modo, corresponderá ao letrado da Administración de xustiza a aprobación do acordo alcanzado polas partes antes do día sinalado para os actos de conciliación e xuízo, e que o letrado da Administración de xustiza ditará decreto en que a aprobe e acordará, ademais, o arquivamento das actuacións.

O letrado da Administración de xustiza, en cumprimento do que dispón o mesmo artigo 84 no seu número 2, aprobará o acordo cando considere que o convido non é constitutivo de lesión grave para algunha das partes ou para terceiros, nin supoña fraude de lei ou abuso de dereito ou sexa contrario ao interese público.

Segundo. A conciliación e os acordos das partes aprobados polo letrado da Administración de xustiza ou, de ser o caso, polo xuíz ou tribunal, levaranse a efecto polos trámites da execución de sentenzas, tal como dispón o artigo 84.5 da LXS, en concordancia co que dispón o artigo 68 da mesma LXS.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo:

Aprobase a conciliación alcanzada entre as partes, nos termos expresados na comparecencia previa a esta resolución.

Arquívense as actuacións, unha vez que sexa firme a presente resolución, sen máis trámites.

Incorpórese ao libro de decretos e déixese certificación del no procedemento correspondente.

Notifíquese a presente resolución e fágaselles saber ás partes que a acción para impugnar a validez da conciliación exercerase ante este mesmo órgano, polos trámites e cos recursos establecidos na LXS. A acción caducará aos trinta días da data da súa celebración. Para os terceiros prexudicados, o prazo contará desde que puidesen ter coñecido o acordo. As partes poderán exercer a acción de nulidade polas causas que invalidan os contratos e a impugnación polos posibles terceiros prexudicados poderá fundamentarse na ilegalidade ou na lesividade.

Modo de impugnación. Poderase interpor recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución, mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida a xuízo do recorrente, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación (artigo 188.2 da LXS).

O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 do Banco Santander, S.A., e consignar, no campo concepto, a indicación recurso seguida do código “31 Social- Revisión”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “código 31 Social- Revisión”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Atlántica de Congresos, S.L. e Gespalia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza