Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2017 Páx. 266

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 1137/2013).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 1137/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marta Guadalupe Regueras Argüello contra a empresa Telecomunicaciones Doipe, S.L., se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Marta Guadalupe Regueras Argüello contra Telecomunicaciones Doipe, S.L. e Fogasa, debo condenar e condeno a mercantil demandada a que lle aboe á demandante a suma de 3.299,11 euros polos conceptos e co detalle efectuados no feito probado cuarto da presente resolución, máis os xuros previstos no artigo 1108 do Código civil respecto da indemnización (208,56 €) e os do 29.3 do ET respecto dos conceptos salariais (3.090,55 €), desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia. Deberase observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Telecomunicaciones Doipe, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2016.

A letrada da Administración de xustiza