Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2017 Páx. 261

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 690/2016).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 690/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Freire Martínez contra Edificaciones Buño, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a resolución do teor literal seguinte:

Sentenza 592/2016

DSP despedimento/cesamentos en xeral 690/2016

Procedemento orixe:/

Sobre despedimento

Demandante: José Freire Martínez

Avogado: Jesús María Massa Rey

Demandados: Edificaciones Buño, S.L. e Fogasa

Sentenza.

A Coruña, 2 de decembro de 2016.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada-xuíza do Xulgado Social de Reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento de despedimento 690/2016, seguidos ante este xulgado por instancia de José Freire Martínez, asistido polo letrado Jesús María Massa Rey, contra Edificaciones Buño, S.L. e Fogasa, que non comparecen, dito sentenza de conformidade cos seguintes,

Resolución

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por José Freire Martínez contra Edificaciones Buño, S.L. e declaro improcedente o despedimento do traballador e, ante a imposibilidade de readmisión, declaro extinguida a súa relación laboral coa empresa demandada, con efectos da data da presente resolución, condenando a empresa a se ater a esta declaración e a lle aboar ao demandante unha indemnización de 2.994,89 euros.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes, e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe, no día da súa data, do que eu, letrada da Administración de xustiza, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Edificaciones Buño, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza