Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2017 Páx. 259

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (SSS 537/2014).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento seguridade social 537/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais Fremap contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Instituto Nacional da Seguridade Social, Andaina Servizos Sociais, S.L., sobre ordinario, se ditou a resolución cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza: 588/2016

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: seguridade social 537/2014

Demandante: Mutua Fremap

Letrada: Sra. Gómez Lage

Demandados:

INSS e TXSS

Letrada: Sra. Pardo Costas

Andaina Servizos Sociais, S.L.

Letrado:

Sentenza 588/2016

A Coruña, 30 de novembro de 2016

Resolución.

– Estimo parcialmente a demanda formulada pola Mutua Fremap, e

1. Condeno a empresa Andaina Servicios Sociais, S.L., como responsable directa, ao aboamento dos gastos da asistencia sanitaria e prestacións económicas de IT prestada á traballadora Olga Santamaría Gómez, derivados do accidente de traballo ocorrido o día 18.2.2012, que ascende á suma total de 399,96 euros, cantidade que debe reintegrar á Mutua sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que, de ser o caso, poida recaer no Instituto Nacional da Seguridade Social e na Tesouraría Xeral da Seguridade Social, de acordo co artigo 126 da LXSS.

2. Condeno o INSS, como legal sucesor do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo, e só para o caso de insolvencia da empresa, ao pagamento á Mutua da suma de 274,41 euros en concepto de gastos de asistencia sanitaria, en relación co accidente de traballo que nos ocupa.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito. Pasados estes, declararase firme e arquivarase.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado-xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Andaina Servizos Sociais, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza