Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2017 Páx. 194

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 14 de decembro de 2016 pola que se autorizan, na modalidade a distancia, os módulos do bloque común e do bloque específico das ensinanzas de técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo e de técnico deportivo superior en Hípica no Centro Autorizado de Ensinanzas Deportivas Santa Apolonia de Santiago de Compostela.

Mediante a Orde do 29 de xullo de 2011 autorízanse as ensinanzas de técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo e as ensinanzas de técnico superior en Hípica no Centro Autorizado de Ensinanzas Deportivas Santa Apolonia de Santiago de Compostela (A Coruña).

A titular do centro solicita autorización para impartir as mencionadas ensinanzas na modalidade a distancia.

O Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial, no seu artigo 24, e sinala a posibilidade de ofertar ensinanzas deportivas de xeito modular ou parcial, ben sexa en réxime presencial ou a distancia.

A Orde ECD/158/2014, do 5 de febreiro, regula os aspectos curriculares, os requisitos xerais e os efectos das actividades de formación deportiva, aos cales se refire a disposición transitoria primeira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro.

O Decreto 410/2003, do 6 de novembro, regula os requisitos e o procedemento para a autorización a centros privados e a centros públicos que non sexan de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para impartir ensinanzas de técnicos deportivos na Comunidade Autónoma de Galicia; norma desenvolvida polas ordes desta consellería do 12 de abril de 2004 e do 23 de abril de 2004, nas cales se determinan o procedemento de autorización e os requisitos mínimos dos espazos administrativos e docentes xenéricos cos que deben contar os centros.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar na modalidade a distancia os módulos do bloque común e do bloque específico das ensinanzas de técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo e das ensinanzas de técnico superior en Hípica, no centro que se sinala a seguir:

Denominación xenérica: Centro Autorizado de Ensinanzas Deportivas.

Denominación específica: Santa Apolonia.

Código do Centro: 15032558.

Titular: María del Rosario Medina Gómez.

Domicilio: Poza Real nº 5, A Rocha.

Localidade: Santiago de Compostela.

Concello: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Módulos que se autorizan na modalidade a distancia:

Técnico deportivo nas disciplinas de Doma, Salto e Concurso Completo

(Decreto 187/2015, do 3 de decembro)

Ciclo inicial

Ciclo final

Módulos do bloque común

MED-C101. Bases do comportamento

deportivo.

MED-C102. Primeiros auxilios.

MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade.

MED-C104.Organización deportiva.

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

MED-C204. Organización e lexislación deportiva.

MED-C205. Xénero e deporte.

Módulos do bloque específico

MED-HIHI102. Transporte e mantemento

físico do cabalo pé a terra.

MED-HIHI103. Hipoloxía.

MED-HIHI106. Eventos hípicos.

MED-HIHI202. Ensinanza e tecnificación hípica.

MED-HIHI203. Bases do adestramento deportivo do cabalo.

MED-HIHI204. Preparación física do/da xinete.

MED-HIHI205. Paraecuestre.

MED-HIHI206. Organización de eventos hípicos.

MED-HITE214. Medio natural.

Técnico deportivo superior en Hípica

(Real decreto 934/2010, do 23 de xullo)

Módulos do bloque común

MED-C301. Factores fisiolóxicos do alto rendemento.

MED-C302. Factores psicosociais do alto rendemento.

MED-C303. Formación de formadores deportivos.

MED-C304. Organización e xestión aplicada ao alto rendemento.

Módulos do bloque específico

MED-HIHI302. Planificación e programación do alto rendemento en hípica.

MED-HIHI303. Preparación física do xinete ou a amazona.

MED-HIHI305. Dirección e xestión dun centro ecuestre.

MED-HIHI306. Adestramento técnico táctico en hípica.

MED-HIHI307. Dirección técnica en competicións hípicas de ARD.

MED-HIHI308. Organización e xestión de competicións hípicas de ARD.

Segundo. Antes da posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento adecuado.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria