Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2017 Páx. 197

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2016, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se procede á publicación do premio concedido ao abeiro da Orde do 23 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o Premio de investigación sobre o VIH e outras infeccións de transmisión sexual (ITS).

A Consellería de Sanidade publicou no DOG núm. 174, do 13 de setembro de 2016, a Orde do 23 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o Premio de investigación sobre o VIH e outras infeccións de transmisión sexual (ITS).

O 13 de outubro de 2016 presentáronse dous artigos para os cales se solicitou o dito premio:

Artigo 1

Título: Estudio de la prevalencia de marcadores genéticos asociados a la lenta progresión del virus de inmunodeficiencia humana tipo 1 en la población gallega.

Autor: Alfredo Rodríguez da Silva.

Revista: Enfermedades Infecciosas y Microbiología Clínica.

Ano de publicación: 2015.

Artigo 2

Título: Trends on epidemiological, virological and clinical features among newly diagnosed HIV-1 persons in northwest Spain over the last 10 years.

Autora: Berta Pernas Souto.

Revista: Journal of Medical Virology.

Ano de publicación: 2015.

O 9 de novembro de 2016 reuniuse a Comisión de Valoración do premio para avaliar, segundo os criterios establecidos na citada orde, os artigos presentados. Os dous artigos presentados cumprían os requisitos establecidos no artigo 4 da dita orde. A puntuación acadada por cada artigo foi:

Artigo 1

Título: Estudio de la prevalencia de marcadores genéticos asociados a la lenta progresión del virus de inmunodeficiencia humana tipo 1 en la población gallega.

Autor: Alfredo Rodríguez da Silva.

Puntuación acadada: 238 puntos.

Artigo 2

Título: Trends on epidemiological, virological and clinical features among newly diagnosed HIV-1 persons in northwest Spain over the last 10 years.

Autora: Berta Pernas Souto.

Puntuación acadada: 360.

En cumprimento do artigo 11.2 da citada orde, a Comisión de Valoración elaborou un informe motivado das solicitudes presentadas, excluídas e a puntuación acadada polas solicitudes admitidas, e formulou a correspondente proposta de resolución de concesión e denegación do premio.

Segundo o establecido no artigo 11.3 da dita orde, a persoa titular da Dirección Xeral de Saúde Pública, á vista da proposta formulada pola Comisión de Valoración, ditará as oportunas resolucións de concesión ou denegación do/s premio/s, de conformidade co previsto no artigo 34 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. A resolución deberá conter, de maneira expresa, a relación de persoa/s investigadora/s á/ás que se lle/s concede/n o/s premios e á/s que se lle/s denegue/n, con indicación da norma reguladora, a súa correspondente contía e as causas de denegación, de ser o caso.

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13 da dita orde, a notificación de forma individualizada do/s premio/s concedido/s farase sen prexuízo da súa publicación no DOG e, igualmente, na páxina web da Consellería de Sanidade, de conformidade co establecido nos artigos 15 e 16 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Crédito orzamentario: 3.000 €.

Aplicación orzamentaria: 1102.413A.480.0.

Na súa virtude, esta Dirección Xeral de Saúde Pública

RESOLVE:

Artigo único

Conceder o premio de 3.000 € a Berta Pernas Souto, con DNI 32691610-P. A causa da concesión do premio a Berta Pernas Souto é que o seu artigo foi o máis puntuado pola Comisión de Valoración do premio.

Denegar o premio a Alfredo Rodríguez da Silva, con DNI 36115305S, porque o seu artigo foi menos puntuado pola Comisión de Valoración que o artigo premiado.

Contra esta resolución poderanse interpor os recursos recollidos no artigo 15 da dita Orde do 23 de agosto de 2016 (DOG núm. 174, do 13 de setembro).

Mediante este documento notifícaselles a resolución do premio ás persoas interesadas segundo dispón o artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2016

Andrés Paz-Ares Rodríguez
Director xeral de Saúde Pública