Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 29 de decembro de 2016 Páx. 56480

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 54/2016 MRA).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 54/2016 MRA

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 1013/2013 Xulgado do Social número 3 de Lugo

Recorrentes: Moisés Luis dos Santos Maia

Avogado: Cándido José Álvarez Flores

Recorridos: Fogasa, Transgru 2007, S.L., AXA Seguros Generales, S.A. de Seguros y Reaseguros, Rodolfo Díaz Castelo

Avogado: Fogasa, Julio José Ballesteros Fernández

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 54/2016 desta sección, seguido por instancia de Moisés Luis dos Santos Maia contra Fogasa, Transgru 2007, S.L., Axa Seguros Generales, S.A. de Seguros y Reaseguros, Rodolfo Díaz Castelo sobre outros dereitos de seguridade social, foi ditada a seguinte resolución:

«Decidimos

Estimar en parte o recurso de suplicación interposto por Moisés Luis dos Santos Maia contra a sentenza do 31 de setembro de 2015 do Xulgado do Social número 3 de Lugo, ditada nos autos nº 1013/2013, seguidos contra Transgru 2007, S.L., Roberto Díaz Castelo, a aseguradora Axa e o Fogasa; e revogamos a sentenza de instancia unicamente nos seguintes puntos:

– Condenamos a aseguradora AXA a aboar solidariamente o importe de 599,35 euros por gastos médicos de que foi excluída na instancia, todo iso cos correspondentes xuros do artigo 20 da LCS.

– As condenas ao aboamento de xuros á aseguradora AXA –recollidas na sentenza de instancia e no punto anterior desta disposición– deben alcanzar os xuros do artigo 20 da LCS desde a consolidación das doenzas da parte demandante conforme o feito probado quinto da sentenza da instancia.

Todo iso sen condena en custas, e confirmando no restante a parte dispositiva da sentenza de instancia, […]

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida dos catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Rodolfo Díaz Castrelo e Transgru 2007, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza