Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 29 de decembro de 2016 Páx. 56482

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense

EDICTO (664/2015).

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense

Xuízo verbal: 664/2015-J

Procedemento de orixe: sobre outros

Demandantes: Cafento Norte, S.L., Grupo El Gallego Montecelio, S.L.

Procuradora: Elisa Vega Avelaira

Avogada: Aránzazu Menéndez Miranda

Demandada: Cristina María da Silva Penas Teixeira

Sentenza.

Ourense, 1 de xuño de 2016.

Vistos por María del Pilar Domínguez Comesaña, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense, estes autos de xuízo verbal rexistrados co número 664/2015, seguidos por iniciativa de Cafento Norte, S.L., que actúa representada pola procuradora Elisa Vega Avelaira e defendida pola letrada Miranda Aránzazu Menéndez, contra Cristina María da Silva Penas Teixeira (X-09769773-V), en situación procesual de rebeldía. Versan os presentes autos sobre a resolución contractual.

«Resolvo que, estimando a demanda interposta pola procuradora Elisa Vega Avelaira, en representación de Cafento Norte, S.L., contra Cristina María da Silva Penas Teixeira, se declara resolto o contrato de prestación de medios do 2 de setembro de 2013 y se condena a dita demandada a restituír á demandante os bens cedidos, é dicir, unha cafeteira F3 Electrónica de dous grupos, un muíño Colombia Brasil e un muíño Nobel. Para o caso de que non for posible a devolución ou os bens se encontren deteriorados, condénase á entrega á demandante da cantidade de 1.765€. As custas impóñenselle á demandada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e advírtase que esta é firme (artigo 455 da Lei de axuizamento civil-LAC)».

Ourense, 2 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza