Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 29 de decembro de 2016 Páx. 56483

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos

EDICTO (552/2013).

Francisco Ferreiro Vázquez, letrado da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos, polo presente, anuncio:

No presente procedemento, seguido por instancia de Banque PSA Finance, con CIF W0012543E, fronte a José Domínguez López, con DNI 32408675L, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza 163/2015.

En Betanzos o 30 de novembro de 2015.

Vistos por Sonia Rey Salgueiro, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Betanzos, os presentes autos de xuízo ordinario 552/2013 seguidos ante este xulgado, entre partes, dunha, como demandante, Banque PSA Finance, con procurador Sr. García Brandariz, e doutra, como demandado, José Domínguez López, en rebeldía, sobre reclamación de cantidade, dítase a presente sentenza sobre a base dos seguintes:

Que, estimando como estimo a demanda interposta por Banque PSA Finance, con procurador Sr. García Brandariz fronte a José Domínguez López, en rebeldía, debo condenar e condeno o demandado a aboar á demandante a cantidade de vinte e dous mil nove euros con noventa e sete céntimos (22.009,97 euros), máis os xuros legais pactados, con expresa imposición ao demandado das custas procesuais causadas.

Únase a presente ao libro rexistro de sentenzas e autos definitivos civís deste xulgado, e expídase testemuño que se unirá aos autos a que se contrae.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de vinte días hábiles contados desde o seguinte ao da notificación.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E encontrándose o devandito demandado, José Domínguez López, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Betanzos, 23 de setembro de 2016

O letrado da Administración de xustiza