Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 29 de decembro de 2016 Páx. 56517

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 21 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2016276AM-PO, por infracción en materia sanitaria.

Con data do 26 de outubro de 2016, a instrutora do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador 2016276AM-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra a Hotel Hermida 5000, S.L., con CIF B36585818, como titular do establecemento Hotel Hermida 5000.

Tras intentar a notificación desta proposta consonte o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non se puido efectuar, polo que, mediante esta cédula se lle notifica a Hotel Hermida 5000, S.L. o contido da dita proposta, que figura no anexo, segundo o disposto no número 5 do referido artigo, para que teña coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia; rúa Fernández Ladreda, número 43, 1º andar, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

A disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, di que aos procedementos xa iniciados antes da entrada en vigor da Lei non lles será de aplicación e que se rexeran pola normativa anterior.

Pontevedra, 21 de novembro de 2016

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2016276AM-PO.

Denunciada: Hotel Hermida 5000, S.L., con CIF B36585818, como titular do establecemento Hotel Hermida 5000.

Último enderezo coñecido: Caleiro, 82, 36619 Vilanova de Arousa (Pontevedra).

Feito imputado: suposta infracción do previsto no Real decreto 140/2003, do 7 de febreiro, polo que se establecen os criterios sanitarios da calidade da auga de consumo humano, e no Real decreto 865/2003, do 4 de xullo, polo que se establecen os criterios hixiénico-sanitarios para a prevención e control da lexionelose.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

Real decreto 140/2003, do 7 de febreiro, polo que se establecen os criterios sanitarios da calidade da auga de consumo humano:

–Artigo 10.2. As augas de consumo humano distribuídas ao consumidor por redes de distribución públicas ou privadas, cisternas ou depósitos deberán ser desinfectadas.

– Art. 17.1. En termos xerais, en cada abastecemento controlaranse os parámetros fixados no anexo I […]

Real decreto 865/2003, do 4 de xullo, polo que se establecen os criterios hixiénico-sanitarios para a prevención e o control da lexionelose.

Art. 8. Programas de mantemento nas instalacións.1: Para as instalacións recollidas no artigo 2.2.1 elaboraranse programas de mantemento hixiénico-sanitario adecuados ás súas características e incluirán polo menos os seguintes:

a) Elaboración dun plano sinalizado de cada instalación que recolla todos os compoñentes […]

b) Revisión e exame de todas as partes da instalación para asegurar o correcto funcionamento […]

c) Programa de tratamento da auga […]

d) Programa de limpeza e desinfección de toda a instalación […]

e) Existencia dun rexistro de mantemento de cada instalación que recolla todas as incidencias […]

Anexo 3.B. Limpeza e desinfección

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como grave no artigo 42.e) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Sanción proposta: tres mil cinco euros con sete céntimos (3.005,07 €).