Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación, sen que se puidese efectuar, notifícaselles mediante este anuncio o inicio do trámite de audiencia, de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Dispoñen dun prazo de oito días, a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE, durante o cal poderán comparecer nas dependencias desta xefatura territorial, na rúa Salvador de Madariaga 9-1º (Centro Comercial Elviña), na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecer o contido íntegro do expediente.
Efectuado o dito trámite, os suxeitos responsables poderán formular novas alegacións por termo doutros tres días, despois dos que o expediente quedará visto para a proposta de resolución, de conformidade co artigo 18.4 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións da orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social.
A Coruña, 19 de decembro de 2016
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: RL 2016/463-1.
Acta inf.: I152016000102232.
Empresa: Logística Engema, S.L.
NIF: B45782349.
Concello: Seseña Nuevo (Toledo).
Materia: prevención de riscos laborais.
Documentos que constan no expediente:
– Acta de infracción.
– Xustificantes das notificacións.
– Alegacións da empresa.
– Informe da Inspección de Traballo e Seguridade Social.