Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 29 de decembro de 2016 Páx. 56513

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 19 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o levantamento da suspensión do expediente sancionador na orde social RL 2010/78-1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e quedarán condicionadas á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares da empresa citada no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio o levantamento da suspensión no correspondente expediente sancionador.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñen do prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para alegar o que consideren oportuno.

A Coruña, 19 de decembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

1. Expediente: RL 2010/78-1.

Acta inf. nº: I1520100000012638.

Empresa: Elecnor, S.A.

NIF: A48027056.

Concello: Oleiros (A Coruña).

Materia: seguridade e saúde.

Data da comunicación: 5 de decembro de 2016.

2. Expediente: RL 2009/702-1.

Acta inf. nº: I152009000193020.

Empresa: José Antonio Ferreira Esa.

NIF: 70800959J.

Concello: Lugo.

Materia: seguridade e saúde.

Data da comunicación: 18 de novembro de 2016.