Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 29 de decembro de 2016 Páx. 56520

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 28 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2016035AM-OU, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 2 de novembro de 2016, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense ditou resolución do expediente sancionador 2016035AM-OU, incoado a Diana Jardón Rodríguez (DNI 44473744-R), como titular do establecemento Gimnasio Body Fitness, sito na avenida de Ourense, nº 86, de Xinzo de Limia (Ourense).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Diana Jardón Rodríguez, (DNI 44473744-R), como titular do establecemento Gimnasio Body Fitness, sito na avenida de Ourense, nº 86, de Xinzo de Limia (Ourense), o contido da referida resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, nº 13, de Ourense, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte. Todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Abanca; en BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banco Santander, empregando os impresos normalizados que lle facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente; de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Ourense, 28 de novembro de 2016

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: 2016035AM-OU.

Interesada: Diana Jardón Rodríguez, como titular do establecemento Gimnasio Body

Fitness.

DNI/NIF/CIF: 44473744-R.

Último enderezo coñecido: avenida de Ourense, nº 86, de Xinzo de Limia (Ourense).

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Real decreto 865/2003.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: mil douscentos euros (1.200,00 €).