Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 29 de decembro de 2016 Páx. 56522

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 29 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2016239AL-PO, por infracción en materia sanitaria.

Con data do 19 de setembro de 2016, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou resolución do expediente sancionador 2016239AL-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra Tito Castro Guerra, con DNI 76808631Q, como titular do establecemento Pub Bohemia.

Intentada a notificación desta resolución consonte o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non se puido practicar, polo que, mediante esta cédula, se lle notifica a Tito Castro Guerra o contido da dita resolución, que figura no anexo, segundo o disposto no número 5 do referido artigo, para que teña coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para presentar recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia; rúa Fernández Ladreda, número 43, 1º andar, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

De acordo co establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, o prazo de ingreso en período voluntario realizarase: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte; 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte. Todo isto mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca, do BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, Santander ou http://www.cixtec.es/conselleria, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 29 de novembro de 2016

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2016239AL-PO.

Denunciado: Tito Castro Guerra, con DNI 76808631Q, como titular do establecemento Pub Bohemia.

Último enderezo coñecido: rúa B, 39, 36500 Lalín (Pontevedra).

Feito imputado: infraccións en materia de seguridade alimentaria.

Preceptos infrinxidos:

Capítulo XII do anexo II do Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 51.1, parágrafo 11, da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción imposta: cento cincuenta euros (150 €).