Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 27 de decembro de 2016 Páx. 56058

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (452/2014).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 452/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Miguel Carbajales Andrade contra R Bordex Unión, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse Resolución do 29 de novembro de 2016 contra a que non cabe recurso ningún. Faise saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a R Bordex Unión, S.L., expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de decembro de 2016

O letrado da Administración de xustiza