Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 27 de decembro de 2016 Páx. 56056

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ortigueira

EDICTO de notificación de sentenza (DCT 205/2015).

Eu, Nuria Ramudo Rodríguez, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ortigueira,

Anuncio:

Que no presente procedemento, seguido por instancia de Wildeane Franco Maciel contra Manuel Galdo Iglesias foi ditada sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Na cidade de Ortigueira o 19 de xaneiro de 2016

Vistos por Javier Fraga Mandián, xuíz substituto deste órgano xurisdicional, os presentes autos de procedemento especial de familia, seguidos por instancia da procuradora Ana Fernández Álvarez, en nome e representación de Wildeane Franco Maciel, asistida do letrado Ramón J. Álvarez Marías, contra Manuel Galdo Iglesias, en situación procesual de rebeldía, ditou, en nome do rei, a seguinte resolución:

“Sentenza.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Con data do pasado día 29 de maio tivo entrada neste órgano xurisdicional a demanda de disolución do vínculo matrimonial por divorcio que deu lugar á formación da presente causa...

(...) los preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación:

Decido.

Que, estimando integramente a demanda interposta pola procuradora Ana Fernández Álvarez, en nome e representación de Wildeane Franco Maciel, contra Manuel Galdo Iglesias, en situación procesual de rebeldía, debo decretar e decreto a disolución por divorcio do matrimonio que ambos os litigantes formaron, con todos os efectos legais inherentes a tal declaración e, en especial, os seguintes:

1º. A disolución do réxime económico matrimonial, cuxa liquidación poderá levarse a cabo no procedemento correspondente.

2º. A atribución ao demandado do uso e desfrute do domicilio familiar, situado no número 27 da rúa Rosalía de Castro da localidade de Cariño (A Coruña)».

Unha vez firme esta sentenza, remitirase [copia] dela e a secretaria ordenará remitir testemuño ao rexistro civil en que se acha inscrito o matrimonio dos cónxuxes co fin de que se faga a oportuna anotación marxinal no asento correspondente.

Non se fai especial pronunciamento en custas...».

E encontrándose o devandito demandado, Manuel Galdo Iglesias, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto para que lle sirva de notificación en forma.

Ortigueira, 2 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza