Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 27 de decembro de 2016 Páx. 56059

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (181/2016).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 181/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Ángeles García Magariños contra Risa Produciones, S.L. e Risa Productos Químicos de Celulosa y Sanitarios, S.L. sobre ordinario, se ditou a resolución en que se acorda:

Despachar orde xeral de execución da sentenza ditada en data do 13.9.2016 no procedemento ordinario seguido ante este xulgado co número de autos 126/2016 a favor da parte executante María Ángeles García Magariños, fronte a Risa Producciones, S.L. e Risa Productos Químicos de Celulosa y Sanitarios, S.L., parte executadas en forma solidaria, por importe de 6.681,50 euros de principal (correspondendo 6.074,09 euros ao principal obxecto de condena e 607,41 euros ao xuro de mora procesual do 10 %) e de 668,15 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Risa Producciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 30 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza