Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 27 de decembro de 2016 Páx. 56060

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de notificación de resolución (ETX 182/2016).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber:

Que no procedemento de execución de títulos xudiciais 182/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Pilar Ríos Lamas contra Centro Enseñanza Aprendo, S.L. sobre ordinario, foi ditada a resolución en que se acorda:

Despachar orde xeral de execución da sentenza ditada no 8.9.2016 no procedemento ordinario seguido ante este xulgado co nº de autos 62/16 a favor da parte executante María Pilar Ríos Lamas, contra Centro Enseñanza Aprendo, S.L., parte executada, polo importe de 17.392,72 euros de principal (dos cales corresponden 15.811,56 euros ao principal obxecto de condena e 1.581,16 euros ao xuro de mora procesual do 10 %) e de 1.739,27 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan producirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Centro Enseñanza Aprendo, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 30 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza