Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 27 de decembro de 2016 Páx. 56061

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (694/2015).

Procedemento de orixe: /

Sobre ordinario

Demandante: María Jose Chapela Gutiérrez

Avogada: Abigail Fernández Rebouzas

Demandados: Sea & Me Eventos, S.L., Liceo Casino de Pontevedra

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento 694/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María José Chapela Gutiérrez contra a empresa Sea & Me Eventos, S.L., Liceo Casino de Pontevedra, se ditou a seguinte sentenza, cuxa resolución é a seguinte,

Resolvo estimando parcialmente a demanda formulada por instancia de Mª José Chapela Gutiérrez, fronte a Sea & Me Eventos, S.L, condeno a Sea & Me Eventos, S.L a que aboe á demandante a cantidade de 1.950 euros, máis o 10 % de xuro por mora respecto ás de carácter salarial; absolvo a Liceo Casino de Pontevedra da demanda formulada fronte a ela.

Contra a presente resolución non cabe interpoñer recurso ningún.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Sea & Me Eventos, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 1 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza