Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 27 de decembro de 2016 Páx. 56062

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de notificación de sentenza (688/2015).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento 688/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Carmen Acevedo Pereira contra Sea & Me Eventos, S.L., Liceo Casino de Pontevedra, foi ditada a sentenza, cuxa parte dispositiva di:

«Decido.

Estimando parcialmente a demanda formulada por instancia de Mª del Carmen Acevedo Pereira, contra Sea & Me Eventos, S.L. e contra o Liceo Casino de Pontevedra, condenar Sea & Me Eventos, S.L. a aboar á demandante a cantidade de 4.306,13 euros, máis o 10 % de xuro de demora respecto ás de carácter salarial; absolvo a Liceo Casino de Pontevedra da demanda formulada contra el.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes de LRXS, e débese anunciar dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, consignando a recorrente, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal do Banesto desta cidade, baixo a denominación “depósitos e consignacións”, co número 5081 e especificando a clave 65, ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo, e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar no momento do anuncio do recurso, ter consignado na conta anteriormente citada a cantidade obxecto de condena, ben que se pode proceder a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.»

E para que sirva de notificación en legal forma a Sea & Me Eventos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 1 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza