Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 27 de decembro de 2016 Páx. 56064

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 953/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 953/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Andrea Nogueira Rodríguez contra a empresa Alfonso Fernández Orosa e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que, estimando parcialmente a demanda interposta por Andrea Nogueira Rodríguez contra Alonso Fernández Orosa, debo condenar e condeno o demandado a aboarlle á demandante a suma de 6.720,24 euros polos conceptos analizados no feito probado sétimo desta sentenza, máis os xuros por demora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da devandita cantidade desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa non procede a súa condena nesta instancia debendo observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación desta resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Alfonso Fernández Orosa, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza