Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 27 de decembro de 2016 Páx. 56051

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (1620/2015).

Eu, Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, fago saber que neste órgano xudicial se tramita divorcio contencioso 1620/2015, seguido por instancia de José Marcos Montouto Veiga, contra Sarah de Oliveira Lima, no cal se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza de divorcio 1259/2016.

Maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego.

En Ourense o 27 de outubro de 2016.

Vistos os presentes autos número 1620/2015 sobre divorcio promovidos pola procuradora Sra. Álvarez, en nome e representación de José Marcos Montouto Veiga, como demandante, asistido polo letrado Sr. Freixedo, fronte a Sarah de Oliveira Lima, declarada en rebeldía.

Resolución:

Acordo a disolución do matrimonio formado por José Marcos Montouto Veiga e Sarah de Oliveira Lima con todos os efectos legais inherentes á devandita disolución.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpoñer, no prazo de 20 días, recurso de apelación (arts. 457 e ss. LAC) ante este tribunal. Débese constituír o depósito legalmente establecido.

E unha vez firme esta resolución, comuníquese de oficio para a súa anotación no Rexistro Civil, onde figura a inscrición do matrimonio cuxa disolución se declara.

Así o acorda, manda e asina a súa señoría.

E para que conste e sirva de notificación a Sarah de Oliveira Lima, en paradoiro descoñecido, expido o presente edicto.

Ourense, 14 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza