Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 27 de decembro de 2016 Páx. 56050

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de resolución (RSU 2380/2015 IS).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2380/2015 desta sección, seguido por instancia do Fogasa contra Luis Miguel Escudero Cervantes, Alfa Instant, S.A., sobre resolución de contrato, foi ditada con data do 13.10.2016 pola Sala do Social do Tribunal Supremo a seguinte resolución:

«Desestimar o recurso de casación para unificación de doutrina interposto polo Fogasa contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do 24 de setembro de 2015 (peza 2380/2015) ditada no recurso de suplicación formulado por esa mesma parte contra a sentenza do Xulgado do Social número 4 dos da Coruña, do 24 de marzo 2015 nos autos acumulados 871/2014 e 175/2015, seguidos por instancia de Luis Miguel Escudero Cervantes contra o Fogasa e Alfa Instant, S.A. Sen custas.

Notifíquese esta resolución ás partes e insírase na colección lexislativa.

Así se acorda e asina».

E para que sirva de notificación en legal forma a Alfa Instant, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza