Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 27 de decembro de 2016 Páx. 56048

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2016 pola que se nomea profesora titular de universidade a María Isabel Bandín Matos.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión nomeada para xulgar os concursos para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocados mediante resolución desta universidade con data do 5 de agosto de 2016 (BOE do 23 de agosto), e presentada pola persoa interesada a documentación a que fai referencia a base oitava da convocatoria, esta reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), e polo artigo 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro), e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar o nomeamento que se relaciona no anexo.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión por parte da persoa interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, contados desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpor o recurso contencioso-administrativo ata que non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, conforme o previsto nos artigos 116 e 117 da LRX-PAC.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2016

Juan Manuel Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Nº concurso

Nome

Apelidos

DNI/NIE

Corpo docente

Área coñecemento

Departamento

Localidade

Código praza

2350/16

María Isabel

Bandín Matos

33259862E

Titular de universidade

Microbioloxía

Microbioloxía e Parasitoloxía

Santiago de Compostela

C01771